Isla Negra

Sinopse

Illa Negra é unha historia contada a través dos ollos marabillados dunha nena branca, Susana, que vai descubrindo o insólito mundo africano conforme se fai muller.

Susana, 7 Rita, 7

A historia transcorre durante os últimos anos do colonialismo español en África, en Guinea Ecuatorial, entre 1950 e 1961.
Coa súa chegada á illa iniciarase a historia da súa amizade cunha nena negra da súa idade, Rita, amizade chea de fascinación e de aventuras, dificultades e receos, humor e tenrura, encontros e separacións. A irrupción nas dúas vidas dun home, Diego, provoca a ruptura definitiva entre as dúas amigas, xa a punto de cumpriren vinte anos. A voda da rapaza negra cun home branco, a primeira deste tipo que ten lugar na colonia, marca o final dunha época e o comezo da fin da sociedade colonial.
No fondo de toda esta historia, máis alá do espertar á vida dunhas adolescentes, das súas contradiccións, do choque entre dúas morais ou dos conflictos amorosos e políticos, subxace o tema dese, digamos, amor imposible entre Europa e África, plasmado na dificultade de comprensión entre dúas culturas -europea e africana- ás que, pese a todo, pertence cada unha das dúas amigas.

Susana e Rita

É a contradictoria realidade dunha progresiva <> da nena branca, fronte á <> dunha africana que, ó converterse en muller, repudia de feito as súas orixes.
Ó cumprir 20 anos, Susana abandonará para sempre África en medio das convulsións da descolonización. Do seu amor a Rita, a Diego e á illa onde se fixo muller só quedará a lembranza saudosa.


Se desexa información sobre Illa Negra comunique con:

Cecilia Bartolomé Pina P.C.
inegra@encomix.es
phone: 34 - 1-308 20 81
fax: 34 - 1 - 319 01 19


A porta ó Multimedia e ó Web:

© Valle de Moka Audiovisual
umoka@encomix.es
phone/fax: 34 - 3 - 376 40 50